7/1/10

Caderno de bitácora. Data estelar 2010. 1. 7

Hoxe empezan as rebaixas: as dos prezos e as dos quilos gañados a puro
turrón e cava. Rebaixalos é o que custa de verdade, a verdadeira
costa de xaneiro da que ninguen quere falar e mais leva que subir.
As cousas volven pouco a pouco a esa normalidade democrática que
sempre trae xaneiro Frío, osíxeno e monoxido de carbono a partes
iguais. O mundo collendo de maña esa "cor laboratorio" que lle dan as
xeadas. O traballo volvendo como o carteiro, a lumbalxia ou as malas
resacas...
Hoxe reanudei ó "disque" diario na portada do único xornal que se
edita en galego -Galicia Hoxe- neste pais onde o castelán vive
amenazado e asoballado, precisando da protección da Xunta. Retómolle
con mais ganas aínda que antes. Malos tempos para escribir en galego.
Pero cando non o foron?

No hay comentarios:

Publicar un comentario