Agardo arrodeado de paquetes que non son para min o espertar da casa
Os nenos de agora xa non son o que eramos. Durmen a noite de Reis
cunha tranquilidade pasmosa.
Saberán moito de internet, do ipod, da nintendo ou a wii, pero daquela
aceleración primitiva que nos daba a nós nin remolachera idea. A súa
é multimedia e interconectable.
Cada mañan do dia de Reis, anotando as caras dos nenos que xa non
volveremos a ser por moito que o intentemos, quédame probado de xeito
irrebatible o esteril que resulta tentar compensar semellante
evidencia renovando a fe en que saber mais sempre é mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario