24/4/10

caderno de bitácora. Data estelar 2010.4.24

Recuperando a defeita na voz aínda, logo do inmerecido cameo no tributo a Radio Oceano na Nasa este xoves.

Josito, o meu camarada da ialma, agraciome coa oportunidade de servir coros e berros nunha sentida versión de Terra Cha.

Como ben dixo o Patrón no seu día: sinto que toda a miña vida foi un longo camiño de preparación para este momento........


Para quén quera saber toda a verdade sobre o presunto chandal que levaba posto, e que tantos comentarios suscitou entre os representantes de Versace. Dolce e Gavanna ou Tom Ford que ateigaban a Nasa. Se queres saber o que alí pasou, estaría ben mirar a excelente crónica de Marga Tojo no Galicia Hoxe...... búmerang punk | Galicia Hoxe

Para reunir evidencias documentais sobre o crime, podes atopalas na web de Lobato, o artista do retrato e outro camarada da ialma....radio oceano | xurxolobato.com

Hernández e máis un servidor xa traballamos nun powerpoint que resuma as claves do evento, proxecte as previsións de futuro e adiante instruccións operativas, para que todos os que saben de verdade qué foi o punk e qué carallo facíamos daquela, no lo corrixan e nolo expliquen ben, a ver se nos enteramos dunha vez Julián, camarada da ialma, que ainda non nos enteramos.....

6 comentarios:

  1. QUEREMOS VIDEOS DA DESFEITA!!!

    ResponderEliminar
  2. Na Arousa25.4.10

    Deberías dicir presentación. E por suposto empregar o Impress.

    Quen vos vira!

    ResponderEliminar
  3. isto non é Hawaii, nin falta que fai!!! Espero que ademáis do chandal levaras calcetís de la, por mor da friaxe mais da humedá.
    Saudos Antón, un nostálxico de Radio Océano e o seu glorioso "Como o vento"

    ResponderEliminar
  4. Julián Hernández27.4.10

    O powerpoint xa o teño volcado nun pendrive que levo metido no cú, como os avogados dos presos vascos. Cando queiras quedamos nun vis a vis e facemos o intercambio. Tamén podemos quedar nun bis & bis de Radio Océano. ¡Todo sexa pola Galicia Powerpoint! Saúde, my friend. Hernández

    ResponderEliminar
  5. e non che da problemas coa IP? porque a ubicación onde o portas pode provocar interferncias se a wifi da problemas de recepción. Galicia Powerpoint forever, my friend

    ResponderEliminar
  6. e eu creendo que era polifacética!MANDA CARALLO!

    unha aperta

    ResponderEliminar