18/12/10

Caderno de bitácora.. Data estelar 2010. 12. 18

Levo recibido certos avisos e mensaxes de amigos sobre as respostas provocadas polo meu apunte sobre o famoso debate lingüístico, que algúns quixeran converter nunha caza de bruxas. Repasei con interese e respecto moitas das aportacións feitas. Velaí alguns detalles máis a modo de resposta breve.

O primeiro é dárllelas grazas a todos quén me fixeron notar os erros e fallos na escrita, debidos á miña ignorancia e a certa impericia no manexo dos teclados virtuais. O que non aprende é porque non quere. Con tan bos mestres, seguro que algo acabarei mellorando.

O segundo é manifestar, por se non quedara claro, o meu total acordo e absoluto apoio ás teses que defende o documento de Monteagudo e Reixa. Porque é unha achega chea de intelixencia, pensamento estratéxico e claridade na análise e nos obxectivos que define. Algo de tanto valor nun pais onde tan verdade se fai o dito por Goethe sobre que somos todos tan limitados, que creemos sempre tér razón. Á parte, son bos amigos.

O terceiro é constatar algo observado fai tempo. Cada vez custa máis traballo distinguir algúns comentarios que se deixan en foros e espazos creados para celebrar o pluralismo nacionalista, dos comentarios deixados regularmente en foros e sitios da máis rancia ultradereita neoespañolista. O mesmo ton matonil, as mesmas descualificacións de puticlub, as mesmas acusacións inquisitoriais e o mesmo principio fundamental: quén discrepe ou é ignorante, ou é un traidor, ou é un colaboracionista, ou é un corrupto.

Non é que me moleste, nin me importe. É que me aburre soberanamente. Amor e paz, irmáns.

15/12/10

Caderno de bitácora. Data estelar 2010. 12. 15

Veño de ler o tostonazo que despacha Paco Rodríguez sobre o debate que ten suscitado o informe lingüístico do IGEA. Fíxeno porque mo pediu un amigo. Con todos os respectos, fai tempo que Rodríguez me aburre soberanamente e non me interesa nada do que di.
Non vou entrar no fondo do debate, porque tamén fai moito que decidín non equivocarme de inimigo e non perder mais tempo en discusións ao estilo dos bispos de O Nome da Rosa.

En troques, sí quero dicir unha cousa moi breve sobre o trato repunante que dispensa a persoas tan respectables como Monteagudo ou o meu amigo Antón Reixa. So quero dicir que estou farto de aturar tanto ese tipo de discurso como a quen o subscribe. Aburren ás ovellas e sáelles o noxo polas orellas. A ver se imos madurando e afacéndonos a debater sobre as ideas e deixámonos de andar á caza e catura das persoas. A ver se empezamos a saber rebater argumentos con argumentos mellores e non con descualificacións e medias mentiras contra das persoas.


Que xa imos vellos todos para isto. Ou?

13/12/10

caderno de bitácora, data estelar 2010.12.13.

Estes ainda non se enteraron de cómo as gasta Esteban González Pons cando se pón a destapar a Verdade (con maíusculas)  e a sacar a luz as conspiracións, que tamén están aí fóra.....

CAMBIOS NO BLOG, AMIGUIÑOS

Dende hoxe, o blog empeza unha nova etapa aproveitando que é luns e aprendin a vincular como é debido as contas de twitter. Por si a alguén lle interesa, que non cre, estas son as novidades.

Dende hoxe, por regla xeral, os enlaces á artigos so se publicaran no E DIGO EU .. via twitter.

As anotacións como entradas do Blog serán propias e perpetradas adrede para o sitio e non referencias a cousas e pezas publicadas noutros medios de comunicación.

Saúde e República.