Veño de ler o tostonazo que despacha Paco Rodríguez sobre o debate que ten suscitado o informe lingüístico do IGEA. Fíxeno porque mo pediu un amigo. Con todos os respectos, fai tempo que Rodríguez me aburre soberanamente e non me interesa nada do que di.
Non vou entrar no fondo do debate, porque tamén fai moito que decidín non equivocarme de inimigo e non perder mais tempo en discusións ao estilo dos bispos de O Nome da Rosa.
En troques, sí quero dicir unha cousa moi breve sobre o trato repunante que dispensa a persoas tan respectables como Monteagudo ou o meu amigo Antón Reixa. So quero dicir que estou farto de aturar tanto ese tipo de discurso como a quen o subscribe. Aburren ás ovellas e sáelles o noxo polas orellas. A ver se imos madurando e afacéndonos a debater sobre as ideas e deixámonos de andar á caza e catura das persoas. A ver se empezamos a saber rebater argumentos con argumentos mellores e non con descualificacións e medias mentiras contra das persoas.
Que xa imos vellos todos para isto. Ou?
A ver se empezamos a saber rebater argumemtos con argumentos mellores e non con descalificacións
ResponderEliminarQue pouca argumentación, caro Losada (por certo, xa vai sendo hora de galeguizar o apelido, ouh)
ResponderEliminar"...fai tempo que Rodríguez abúrreme (sic) soberanamente..."
ResponderEliminar"...o trato repunante que dispensa a persoas tan respectables como Monteagudo ou O MEU AMIGO Antón Reixa..."
"... e deixámonos de andar á caza e catura (sic) das persoas..."
En todo caso quen falta ao respecto é quen fai un informe dese tipo.
ResponderEliminarPois se hai tempo que decidiches non equivocarte de inimigo, non sei por que estás día si e día tamén coa mesma leira contra o BNG, que é moi malo porque non che obedece, pobriño... Por certo, magnífico galego o teu, eh? Á altura da túa boa educación, si señor.
ResponderEliminarA ver cando nos decatamos, caro Antón, que os "ataques" e "descualificacións" que ti ves contra determinadas persoas que eu non vou nomear son contra as ideas, discursos e alternativas (ogallá fosen tales!) que os teus amigos formulan (digo o dos teus amigos porque es ti quen como tales os sinala). A ver cando nos decatamos de que as persoas somos (inclúome de primeira) insignificantes (ao tempo que imprescindíbeis)cando do que se debate é de cuestións moi colectivas. Que alguén coma min, que nada sabe de politoloxía, teña que cho recordar deste xeito é triste abondo.
ResponderEliminarCordiais cumprimentos
P.S.: Que unha persoa nada en Xove coloque mal os pronomes é abondo significativo do necesaria que é unha profunda regaleguización de todo (a comezar pola casa común).
coño, seis comentarios e todos anónimos. Losada polo menos firma.
ResponderEliminarE o que protesta polos anónimos xa non é nin anónimo, suplanta outra identidade...
ResponderEliminar