29/3/11

Caderno de bitácora. Data estelar 2011.3.29

Xa está a venda “Indignádevos!”, o panfleto –no mellor sentido da palabra- onde un xermano de 93 anos, Stéphane Hessel, argumenta en pouco menos de sesenta paxinas as variadas razóns para facela e a necesidade urxente de unha rebelión pacífica contra las forzas financeiras que dominan o mundo.

Non é un libro. É un enérxico panfleto, naquela nobre e vigorosa tradición dos folletos revolucionarios do XIX e hai que lelo como tal. Non é unha obra de análise nin unha sisuda reflexión. e unha chamada a acción. E, case que con toda probabilidade, nunca quixo ser outra cousa e así xa está ben.

Resulta rechamante a paixón de dicirlle aos novos o que teñen que facer por parte de quen xa non somos novos. Ao mellor por iso, non nos fan caso. porque non sabemos do que falamos.

Eu véxolles bastante indignados. Seguramente máis co estiven eu nos oitenta, cando estudaba. Seguramente bastante máis que cando o autor era novo. E hai lago no que nos gañan por goleada e por sorte para iles. Teñen moita máis e mellor sentido do humor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario