24/4/11

Caderno de Bitácora. Data estelar 2011.4.24

O mar sempre deixa algo para ti na praia. É mais doado buscalo os días de choiva e vento, cando os areais se baleiran de cans, donos, cans sen dono e donos sen can.

O mar sempre deixa algo, seguro. So hai que saber atopalo antes de ter que volver ao rego da vida rutinaria, produtiva e eficiente.

Back to the chaingain. Mira que o avisaban os Pretenders. E Chrissie Hynde sempre ten razón.




No hay comentarios:

Publicar un comentario