14/4/11

Caderno de bítácora. Data estelar 2011.4.14

O Noso Mariano, o pobre. Entre a lei Antihomeless de Charles Gallardón Bronson e a Lei Camps de liberdade de prensa, xa lle foderon a estratexia de non rañala para que ninguén se picase e se lle ocorrerá ir votar.


Se pensaba que dista volta ía facer realidade o seu sono, converter as eleccións nun concurso oposición, quédalle faena, especialmente entre os seus. A euforia da vitoria cantada a coro por todos produce monstros.

O centrista e moderado alcalde de Madrid limitouse a rescatar unha proposta das eleccións anteriores para, no mellor estilo do xusticeiro na noite, limpar as rúas de Madrid antes de que veña o Papa ou para cando vai Ana Botella á perruquería, que logo todo son queixas.

O honrado Paco Camps limitouse a defender o seu dereito a que non lle chiste ninguén porque lle sae do carallo levar una equipa de futbito de imputados nas listas. Os medios informaron? Que se fodan y apanden coas consecuencias. Marchando unha demanda na Junta Electoral, pero non contra os medio que informaron dos imputados nas listas, senón solo contra os medios plurais que informaron dos imputados. RTVE, Telecinco, Cuatro y La Sexta. O resto son medios liberados e fieis á causa.

Aló vai ó carallo o esforzo de O Noso Mariano por facer una campaña onde o máis interesante que pase sexa que lle faga outra entrevista en Veo7 Pedro Jota para dicirlle o que ten que facer cando goberne. Cajoendiola, estará pensando. E con razón, meu pobre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario