Meu pai dicía que estas eran as ruínas do derradeiro convento templario que houbera en Europa.
Que alí, a carón de San Cibrao, vivian en paz os derradeiros templarios ate que unha noite, asasinos mercenarios mandados polo Vaticano, arrasaron o edificio e degollaron a todos os cabaleiros.
Iso contaba meu pai. Pero meu pai era un pouco "cunqueiro" para estas cousas.
(praiña de San Cibrao. Fotografía AL)
Pois eu penso que ao mellor non estaba moi errado e se non mataron aos templarios dese convento fixérono con outros moitos.
ResponderEliminarBicos
O caso é meterse co Vaticano, tan bos non serían eses templarios, que ben se ve que non estaban a cumprir a Lei de Costas.
ResponderEliminarPero que bonito é soñar e "inventar"... ou ¿non?
ResponderEliminar