16/4/11

Caderno de bitácora. Data estelar 2011.4.16

Aznar is back. Con un inglés propio de "Torrente 5 the final Countdown", púxose a aleccionar a mozas e mozos da Columbia University sobre xeoestratexia e política internacional. O resultado é tan brutal como peripatético.

O seu razoamento é implacablemente trileiro. O coleguita Gadafi renunciou ao terrorismo e desfíxose das armas -bueno, vale, non de todas, gardou algunhas por motivos sentimentais- . O enrollado Gadafi fíxose amigo de Occidente -sí, vale, ate o propio Aznar, nun arranque de honestidade intelectual, califícalle de "extravagante", que é como se lle adxetiva aos dictadores cando son amigos-. O superguay Gadafi ía polo bo camiño e vai Occidente e atácalle, indignase o forzudo Aznar.

Xa metido en gastos, confirmou a impresión xeneralizada de que a democracia xa se aprecia como unha gozosa realidade en Iraq. Igualmente que Obama e os líderes europeos son unha banda de lilas, que non saben como hai que tratar a ista xentiña do mundo árabe.

Oído todo isto, o único que se pode facer é dar a grazas a quén corresponda porque non nos metera en desordes ainda maiores dos que nos empantanou. Puido ser moito peor, aínda. E mira que semellaba difícil.

Xa dicía Einstein que hai dúas cousas infinitas, o Universo e a estupidez humana. E do Universo, no estaba completamente certo.

14/4/11

Caderno de bítácora. Data estelar 2011.4.14

O Noso Mariano, o pobre. Entre a lei Antihomeless de Charles Gallardón Bronson e a Lei Camps de liberdade de prensa, xa lle foderon a estratexia de non rañala para que ninguén se picase e se lle ocorrerá ir votar.


Se pensaba que dista volta ía facer realidade o seu sono, converter as eleccións nun concurso oposición, quédalle faena, especialmente entre os seus. A euforia da vitoria cantada a coro por todos produce monstros.

O centrista e moderado alcalde de Madrid limitouse a rescatar unha proposta das eleccións anteriores para, no mellor estilo do xusticeiro na noite, limpar as rúas de Madrid antes de que veña o Papa ou para cando vai Ana Botella á perruquería, que logo todo son queixas.

O honrado Paco Camps limitouse a defender o seu dereito a que non lle chiste ninguén porque lle sae do carallo levar una equipa de futbito de imputados nas listas. Os medios informaron? Que se fodan y apanden coas consecuencias. Marchando unha demanda na Junta Electoral, pero non contra os medio que informaron dos imputados nas listas, senón solo contra os medios plurais que informaron dos imputados. RTVE, Telecinco, Cuatro y La Sexta. O resto son medios liberados e fieis á causa.

Aló vai ó carallo o esforzo de O Noso Mariano por facer una campaña onde o máis interesante que pase sexa que lle faga outra entrevista en Veo7 Pedro Jota para dicirlle o que ten que facer cando goberne. Cajoendiola, estará pensando. E con razón, meu pobre.

13/4/11

Caderno de bitácora. Data estelar 2011.4.13

Seica O Noso Expresidente xa foi dado de alta logo de operarse da cadeira. Como afortunados usuarios de hernias discáis que somos ámbolos dous, non podo deixar de expresar a miña solidariedade.


Sei que isto pode soar raro, pero chico, canto se bota de menos ao Patrón neste goberno de recadeiros e repunantiños

É o momento de que reliquias como a que recolle a imaxe, que aínda sobrevive heroica e milagrosamente en Carril á especulación, os temporais, os grafiterios, os adolescentes namorados e as brigadiñas de limpeza do concello, pase a formar parte do patrimonio común como lembranza de un tempo que xa se foi.

Rescátese e expóñase ca Cidade da Cultura. Non lle andaban buscando utilidade?

11/4/11

Caderno de bitácora. Data estelar 2011.4.11

A factoría de exclusivas de Pedro J non para. Olló ao piollo e ollo á arrepiante cifra do titular; cinco, unha "manita" de informes, o nunca visto.... Supercalifragilisticoespiralidoso