12/1/11

caderno de bitácora, data estelar 2011. 1. 12

Será una gran avance para o autogoberno galego o día que alguén decida que meter nun acto oficial un piano de cola, uns violíns ou un barítono, non o fai máis fino. Non digamos xa, cando deixemos de perpetrar ese horrible mix gaita-coral para interpretar o himno. Aportacións todas que debemos ao Touriñismo. Neso Fraga tiña mellor gusto, coma cos coches.

Deixando a parte ises detalles, recoñezo que non teño una opinión formada sobre o conxunto arquitectónico, que so puidemos ver parcialmente. A primeira impresión é que sobra algo de columna, abusa algo demais do pladur e se excede un pouco na arte do alicatado integral. No seu favor, compre alegar que é discreto no uso do gotelé, os acabados sonche de calidade e as caídas da auga semellan ben tiradas.

Tamén concordo co que dicían a maioría de cantos por alí andaban e o levaban visto varias veces. Hai que miralo con calma e con tempo, tendo claro o que está acabado e o que non. Ë diferente e co tempo, e o roce, se lle colle cariño a un esforzo tan sentido e tan sostido por demostrar que a humanidade equivocouse ao desprezar a liña curva como parámetro fundamental na arte da arquitectura.

Para o final do acto, a organización tíñanos reservada a maior das sorpresas. Segundo a interpretación megacursi do himno que atacaron, Galicia xa non é Nazom de Breogán. Senón que é ......... (silencio) de Breogán. Na mellor tradición de Democracia Feijoniana, vaise someter a consulta popular cómo encher semellante baleiro e evitar así o perigoso horror vacui colectivo. As opcións son:


1. Galicia é o galpón de Breogán

2. Galicia é o motel de Breogán

3. Galicia é un pivot do Breogán


Anímense en voten. Galicia non pode, pero vostede sí.

5 comentarios:

  1. anacerme12.1.11

    Non é a primeira vez que soa nesas paredes de gotelé o mix gaita-coral. No acto do centenario do himno, fixemos na Galega un especial de 5 horas ¿Recordas? E Anxo emperrechouse en facer en directo unha intervención entre o gotelé con happy end mix gaita-coral de himno. Tentei convencer ó Vice do viejuno que podía quedar, pero xa sabes como é. Faime gracia ler que pensas o mesmo que pensei eu en decembro de hai dous anos.
    O do silenzo do himno deixámolo para outro día, un infantilismo mais do mundo Feijó

    ResponderEliminar
  2. Anónimo12.1.11

    Galicia sí puede votar, Antón: lo hizo y mandó a tu jefe rumbo a la jubilación a Brasil (San José, ya sabes), instaló la demoacracia feijoiana que tanto te gusta y te permitió dejar de amenazar periodistas para empezar a compartir mesa con ellos. Oye, pero bien jugado. Vuelve cuando quieras

    ResponderEliminar
  3. Anónimo12.1.11

    Parabéns Antón polo artigo! a pesar de terte sufrido como alumno e comprobar o prepotente que podes chegar a ser en persoa é xusto tamen recoñecer que os teus artigos son brillantes!

    ResponderEliminar
  4. Anónimo13.1.11

    En relación co do Himno, o profesor Losada parece descoñecer a partitura que se recolle na Lei 5/1984, de Símbolos de Galicia. A interpretación co Coro Gaos foi totalmente fiel á citada partitura.

    ResponderEliminar
  5. Irene13.1.11

    Querido Antón Losada,

    Sinto dicir que o coro si que di, nos últimos versos que se cantan “a redenzón da boa nazón de Breogán” e a continuación a parte de gaita e finalmente a resposta do coro. Trátase dunha adaptación sinfónica que xa foi interpretada así en numerosas ocasións.

    Gustaríame desde este espazo chamar un pouco a atención sobre o sorprendente de que existindo dúas magníficas orquestras e múltiples e consolidados coros galegos,fora elixido un coro que estaba a facer a súa primeira aparición pública. O mesmo ocorre coa Orquestra Gaos que foi creada en abril de 2009, subvencionada polo goberno actual e xa casualmente empregada para musicar os actos da inauguración do Xacobeo.

    Penso certamente que de cantas máis oportunidades teñan os mozos galegos de estudiar, aprender, ter novas experiencias...mellor lle irá a sociedade en xeral, pero xa estamos fartos de tanto "enchufismo".

    ResponderEliminar