25/2/11

Caderno de bitácora. Data estelar 2011.2.25

Sempre quixen conducir un bólido destes. A poder ser, mellorado con uns antiestáticos deses chulos nas rodas.
Coas fotos da familia no salpicadeiro e armado con todos os casttes de Van Morrison, unha manta, un termo de café e un cartón de Chester.
Pero aínda non fun perseverante dabondo.... creo.  Ou si, non sei..... En calquera caso, seguro que é culpa miña, coma sempre.

10 comentarios:

  1. Anónimo25.2.11

    Mi marido siempre quiso un coche para tunear y una casita con garaje para meter el coche y las herramientas. Si no lo hizo no fue su culpa, siempre necesitó el coche para otros usos (hijos, mujer, suegros, viajes, con perro o sin, de trabajo o vacaciones...). Seguro que tampoco fue tu culpa. Un saludo, meu amigo.
    Eva Herrero.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo27.2.11

    Está moi ben esa distinción que fas nos teus artigos do xornal de PRISA, "la izquierda y el nacionalismo", supoño que con iso queres dicir "el PSOE y el Bloque". Mira que defender a estas alturas que o PSOE é de esquerdas. Hai que "reformar" os termos, home. Como non vai ser de centro Aznar, segundo o teu baremo?

    ResponderEliminar
  3. O segundo anónimo é o señor/señora que decide quen é de esquerdas e quén non. Xa tiña eu gañas de coñecelo.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo27.2.11

    As bágoas de Antón Losada puideron apagar todos os lumes do último verán en Galiza. Pero Antón losada nunca chora.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo27.2.11

    A min gustame mais verte decidir que xornais son de dereitas e de esquerdas. Calificando La Voz de xornal de dereitas copruñes. Pois non hai moito, comentaban os do bng do meu concello o mal que fixeras vindo á comida de homenaxe que lle fixeron ao dono dese xornal tras nomealo fillo adoptivo co desacordo dos nacionalistas. Que nin lle votaron nin lle foron a facer a pelota na comida.

    ResponderEliminar
  6. antón losada28.2.11

    Ao señor/señora que decide quén é de esquerdas, súmase agora o señor/señora que decide quén pelota e quen non. Xa tiña eu gañas de coñecelo-a tamén

    ResponderEliminar
  7. Anónimo28.2.11

    Non decido quen é ou non de esquerdas, simplemente dou a miña opinión sobre se o son ou non. Se ti pensas que o PSOE é de esquerdas, xa te posicionas bastante ideoloxicamente. En calquera caso sorprende que a un opinador lle moleste que se opine sobre as súas opinións. Pídelle ao grupo Prisa que me dea unha columna a min tamén, que asino sen problemas co meu nome. Ou non ofrezas a opción de opinar como anónimo no teu caderno estelar de bitácora.

    ResponderEliminar
  8. antón losada28.2.11

    atención. ao señor-a que decide quen é de esquerdas de verdade, e ao señor ou señora que decide quen fai a pelota ou non, súmase agora o señor-a que lle di aos demais como teñen que organizar ou seu blog. Xa van tres. e subindo....

    ResponderEliminar
  9. Anónimo28.2.11

    Canta cintura tes Losada, que estilo ao encaixares as críticas, meu. Lembra que un gran poder implica unha grande responsabilidade, úsao sabiamente.

    ResponderEliminar
  10. Anónimo28.2.11

    E eu concordo co primeiro: se o PSOE é de esquerdas, por regra de tres Aznar é de centroesquerda. E a socialdemocracia sueca perigosos leninistas. E o BNG, xa é directamente estalinista. Así saen logo as "análises". Pero é unha humilde opinión, eh? Non á altura da túa, moito máis de afeccionado, por suposto, non te alporices.

    ResponderEliminar