EMPÚRRAME
(Poema orixinal de Mariña De Ceo. 1997)
por ventura acollido
na academia da túa indolencia modular
acredito
a firme solvencia dos teus instantes
pola cadrada xentileza da enxeñería do teu espírito
queda o meu apuntalado
gañado
pola túa decencia simétrica
debera confortarme
unha ecuación de semellante pureza
empúrrame
murmura a maceira na horta
onde a malumaxe da casa vella ardeu.
empúrrame
murmura o carballo que fai sombra
onde tódolos antepasados da miña familia durmiron.
empúrrame
o mesmo que quero eu
No hay comentarios:
Publicar un comentario