11/2/09

disque 11/2/09

Déixate de lerias, Alberto Disque O Noso Alberto segue dando voltas co asunto dos debates. Disque ameaza con non ir se non se acepta a súa proposta de debates formato Liguiña de Campións. Como broma de precampaña xa estivo ben. Agora empeza a campaña e hai que pórse serios. Se Quintana sempre foi, incluso cando o seu socio se equivocaba e non acudía, e se O Noso PT foi nas xerais, cando non tiña por que, a O Noso Alberto non lle queda outra que ir ou quedar como un candidato que só xoga cando ten el o balón e as normas son as que a el lle conveñen. Ademais, non se entende tanta resistencia. Un dos seus argumentos máis queridos son as leas do bipartito. Que mellor ocasión para demostrar que non se entenden que telos aos dous diante.

3 comentarios:

  1. Anónimo11.2.09

    Non concordo con vostede. A postura do Sr. Feijóo -ó marxe de afinidades políticas- é moi acertada. O Sr. Feijóo sabe que un debate entre o candidato a Vicepresidencia e o candidato a Presidencia -cada quen que lle poña o nome que máis lle praza- pouco pode aportar a cada unha das candidaturas pero pode facerlle perder moito. Tamén o sabeen o Sr. Touriño e o Sr. Quintana... de aí a súa negativa.

    Por iso eu me pregunto quen ten medo a quen?

    ResponderEliminar
  2. Anónimo11.2.09

    Eu tamén disinto da súa opinión, Sr. Losada.

    O problema non o terá Alberto, se finalmente non vai ao debate, senón Touriño (e Petene), xa que logo, non o vexo moito rival para Quintana (sobre todo, se estiveras ti detrás). Perderá seguro "o Presidente".

    A cuestión que me permito facerche Sr. Losada: ¿Nas eleicións ao Goberno español tamén defendes a postura de que (IU) Llamazares participe nos debates eleitoras?

    Penso que só debaten os que teñen posibilidades reais de ser presidente da Xunta de Galicia. Outra cousa é dar cobertura, maior ou menor, ao resto das candidaturas. ¿Non si?

    ResponderEliminar
  3. Anónimo16.3.09

    Sr. Losada,
    É vostede un chulo insoportable. Pero que bo negocio fixo aconsellando a Quintana... Acepte a súa parte de culpa na derrota do BNG e déixese de lerias.

    ResponderEliminar