12/2/09
disque 12/2/09
Negación ou cambio
Disque os estrategas electorais do bipartito andan preocupados co asunto da abstención. A afirmación de Quintana de que o PP vai en coalición coa abstención é algo máis que un titular, e reflicte dous feitos. Primeiro, que O Noso Alberto xoga conscientemente a que moita xente non vaia votar, algo que está moi feo nun demócrata. Segundo, que unha porcentaxe dos votantes bipartitos de hai catro anos axita o seu descontento repetindo unha e outra vez que non houbo cambio. Gustará máis ou gustará menos, pero cambio houbo. E tamén hai razóns para queixarse do que non houbo, pero, a día de hoxe, absterse é votar o PP. E entón si que vai haber cambio.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Eu non vou ir votar -por primeira vez na miña vida- e coma min toda a miña familia e circulo de amigos. Insisto non vou ir votar e non por iso vou votar ó PP. O PP votaranlle os que vaían votar. PSOE e BNG son os responsables da abstención les sufran non o PP. Xa vale de demagoxia!
ResponderEliminarE non nos veñades co conto do lobo que non somos carapuchiñas!
Votar é un deber cívico e ademais arredamos o PP do poder.
ResponderEliminarMoito me temo que ese é o único argumento que ten BNG e PSOE para chamar a votar: arredar o PP do poder. É ven triste!
ResponderEliminarEu non entendo como alguén fala por si mesmo pola súa familia e polo seu círculo de amigos. Isto semella as vellas prácticas de que o patriarca decidía o voto da tribu.
ResponderEliminarNon dou creto.
Querido Pomponio:
ResponderEliminarNa miña familia -e círculo de amigos- fálase moito de política; a política nunca foi un tema tabú. En tódalas discusións recentes todos chegamos a mesma conclusión: NON IMOS IR A VOTAR. Vale! Eu non decido por ninguén pero todos, individualmente, temos moi clro o que faremos o día 1 de marzo.
Son moitas lexislaturas votando por un cambio e, cando tiña que producirse, víuse que era máis do mesmo: máis caciquismo e, por ser dos teus, máis asqueroso.
Ó final todos tivemos que darlle a razón a meu avó,... sempre nos advertira que tódolos políticos eran iguais.
Pois na miña familia, que tamen falamos, imos ir votar, pero en branco. Prefiro perder catro anos co PP que catro decadas cun bipartito que se subrroga nas politicas deseñadas polo fraguismo.
ResponderEliminar