Explícate, Alberto
Disque O Noso Alberto e O Noso Mariano acreditan do recto proceder do seu compañeiro Negreira no caso que lle investiga o Tribunal de Contas. Non hai tal contrato, proclama o líder popular, pero a continuación engade que si, que vale que Negreira prorrogou un que viña de antes. E, sen máis precaución, lánzase á gorxa do fiscal, do tribunal e de quen se poña diante. Seguindo a estratexia de Madrid: a culpa é de todos, menos do PP. O azoute do que chama luxo bipartito e lles pide explicacións aos demais até pola factura dunha neveira portátil, indígnase cando llas piden a el, e responde linchando a quen llas demanda. Como todo fillo de veciño en democracia, ou se explica como debe ou é un tramposo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario