17/2/09

disque 17/2/09

Falta roce
Disque O Noso Alberto anuncia o maná da vivenda para os mozos. Non escarmenta. Cando foi vicepresidente xa se inventou a bolsa de alugueiro, que acabou en bolsa do lixo. Disque O Noso PT anuncia recursos para a dependencia. Outro que tal. Mágoa que ninguén lle preguntara polos expedientes informados por Vicepresidencia, pero parados en Economía por falla de cartos. Disque Quintana comprometeu un comisionado para a memoria histórica para ver de facer mellor o que empezaron pero non souberon rematar en Cultura. Cada un co seu matraquillo. Os tres teñen tan claro que non hai que contestarlles aos rivais que, máis que unha campaña, parece un concurso de monólogos. A ver se algún se anima, salta o guión e empeza a haber algo de roce, porque, senón, imos morrer de frío.

2 comentarios:

  1. Anónimo17.2.09

    Levas razón... agora que, vendo o aburrida que é a campaña, vendo que cada ún leva o seu guión ó pé da letra, como ainda hai quen pide debates? Para que? Para apagar a tele e aforrar enerxía? Ah, pois mira, non estaría mal!

    ResponderEliminar
  2. Anónimo19.2.09

    E se tanto falan de que os debates son fundamentais nunha democracia, por qué non debaten Touriño e Quintana? A resposta é que ten todas as de perder Touriño. O feito de que non o fagan eles dous non lle dá algo de razón ao "ausente"?

    ResponderEliminar