Máis madeira
Disque a derradeira galletada de enquisas vén acreditar que menos a morte nada é seguro nesta vida e que todo é posible en Galicia. Algúns pronósticos en certo medios abren orquillas tan amplas, que mesmo cabe preguntarse se facía falla meterse no gasto de preguntarlle a xente cando a proxección xa estaba feita ao servicio do resultado anhelado pola propio medio. Baile de escanos aparte, todos os inqueritos coinciden e reflicten a mesma tendencia de fondo: ao PP non lle chega con ter a campaña baixo cero para quentar de todo o ánimo dos seus, os bipartitos non dan atopado coa chave que abre o corazón e o ánimo do seu electorado debaténdose na dúbida de ir votar. Quen saiba dar máis madeira, dala mellor e a dala antes no que queda de campaña, terá moito traballo feito para a noite electoral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario