24/2/09

disque 24/2/09

Manobra loco Iván
Disque O Noso PT cambia de estratexia e, de ser o presidente que está por riba do ben e do mal, pasa a ser un agresivo ariete que lle dá unha ao Noso Alberto e outra a Quintana. A cada un o seu e na súa orde. A teoría di que o fai para decantar ao seu favor a abondosa bolsa de indecisos que aínda está en disputa na recta final da campaña. A práctica o que mostra é que por querer xogar á equidistancia comete dous erros polo prezo dun. O primeiro, dálle credibilidade á alarma lingüística que pretende sementar o PP, situándose como defensor de non se sabe moi ben que liberdades ameazadas. O segundo, abre unha fenda co seu socio difícil de entender para o electorado que votou cambio, e corre o risco de que alguén lle conteste. É como a famosa manobra loco Iván: cambiar de rumbo cada cinco minutos, para despistar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario