25/2/09

disque 25/2/09

Acabaron as escusas
Disque boicoteado definitivamente o debate a tres polos populares, Quintana saltou o guión e aceptoulle ao Noso Alberto verse as caras. Disque aproveitou unha invitación formal de Correo TV para dicirlle ao candidato do PP que alí o espera. Desta volta non hai escusa. Ou acode e debate nas condicións que el mesmo impuxo ou O Noso Alberto quedará como un faroleiro que envidaba a debater, pero que no fondo nin pensaba nin quería, como os bos milhomes. Hai outra cuestión que O Noso Alberto leva evitando un par de días e debería aclarar, despois das leccións de ética que nos leva dado a todos: que a Deputación de Pontevedra convoque 152 prazas en plena campaña electoral, e onde a única proba selectiva vai ser unha entrevista persoal a gusto de Rafael Louzán, que é, rexeneración democrática ou compra de votos, caciquismo do de sempre ou novo caciquismo?

No hay comentarios:

Publicar un comentario