27/2/09

disque 27/2/09

Eu tamén protesto
Disque Quintana saca á luz que cando O Noso Alberto era vicepresidente de Fraga e candidato no 2005, eses anos salvaxes que prefire esquecer, o seu departamento asinou en plena campaña un convenio informativo con La Voz de Galicia. Xa saben que onde di informativo, quere dicir publicitario. O asunto é lamentable e cuestiona a credibilidade dun medio que, con razón ou sen ela, xulga a diario as condutas dos demais. Tamén resulta ilustrativo porque ilumina o mundo de negocios e conexións tecido polo Partido Popular e que o Bipartito non soubo desmantelar. O meu respecto ao medio e ao seu dereito a informar como lle pete. Non serei eu quen mate o mensaxeiro. Pero ben viría que explique como cadra na súa liña editorial asinar un contrato opaco e sen transparencia para recibir cartos públicos no medio dunhas eleccións.

1 comentario:

  1. Anónimo1.3.09

    Pois polo meu pobo contan que como o concelleiro do bng non apoio a homenaxe que lle fixeron ao santiago Rey deixose caer na comida o que daquela Secretario Xeral de Relacións Institucionais. E tempo despois volveu a coincidir, o secretario, na mesa co propietario do medio de comunicación tantas veces homenaxeado invitados por un alcalde estrela fulgurante do youtube. E como antes comera xa na mesma mesa o vicepresidente pois penso que deberianse dar mais explicacións. Xa sabedes aquilo de que fun por la e sain trasquilado.

    ResponderEliminar