2/2/09

a qué cheiran os bancos?

Hoxe na Ser, no programa de Francino, Fernando Fernández volveu explicarme o da solvencia, os bancos e a onde van tantos miles de millóns. E coma sempre non o entendín. Debe de ser un defecto meu, do animal, porque ao resto do mundo todo lle semella normal, especialmente a iso que se chamaba antes as “elites ilustradas”. Di Fernando que é un problema de solvencia, non de liquidez. Pero solvencia deben de ter á vista dos beneficios que declaran. Entendo que o negocio dos bancos é gañar cartos prestando cartos. Pero tamén crin entender que non se lles axudaba con cartos públicos para que fixeran con máis comodidade e menos risco o seu negocio, senón para que nos axudaran a facer os nosos pequenos negocios de comprar una casa ou montar una empresa. Entendo que Zapatero lles xunte para dicirlles que corran os créditos. Pero tamén entendía que cando decidiu axudarlles cos nosos cartos, sabía que estaba en tratos coa banca, non una ONG. E as cousas non se lle piden á banca, se lle contratan.

2 comentarios:

  1. Anónimo2.2.09

    Cheiran a políticos.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo3.2.09

    Matices.
    Escoitei o programa e non estou dacordo con Fernando Fernández. O problema é de liquidez. Os bancos non prestan porque non teñen que prestar. Afortunadamente, os bancos españois teñen solvencia porque, como ben dís, obteñen uns importantes beneficios que a banca invirte en activos. O caso contrario é o da banca en EEUU, que está toda construída no aire.
    Ao non dispoñer a banca de cartos para prestar, está mirando con lupa, a SOLVENCIA, dos seus clientes cos intención de que as operacións de crédito estean, debidamente, garantizadas. Curiosamente, esta política non existía hai uns meses, cando a banca gozaba de liquidez.
    Creo que Fernández anda un pouco liado.
    O caso do goberno é tremendo. Para que carallo foron as dúas reunións anteriores?.

    ResponderEliminar