Romeu contraataca
Disque hai unha semana, o bipartito perdeu por non ter cambiado dabondo. Disque agora xa sabemos a verdade, desvelada por ese visionario que é Méndez Romeu: perderon porque houbo cambio de máis e porque foi imposto polos nacionalistas aos bos e xenerosos socialistas. O autor da famosa tese segundo a cal non cumpría explicar o do Audi de Touriño porque era materia de seguridade nacional, contraataca cunha nova teoría da coalición que se resume nun mandamento único: amarás o alcalde do PSOE por riba de todas as cousas. A este paso, O Noso Alberto vai reconquistar as cidades sen necesidade de agardar as eleccións: xa llas entrega Méndez Romeu.
Ao PSdeG parece que non lle chegou a lección de humildade que lle deron as furnas. O teso de Méndez Romeu está a aplicar a máxima socialista por excelencia "sempre hai alguén a quen botarlle a culpa dos nosos erros", o curioso é que esto o fai un tipo ao que o seu partido ten esquecida na refundación esa que Pachi está a facer, así que teremos que pensar que o que quere Méndez Romeu e "acabar de escarallalo todo", na súa liña
ResponderEliminarAs cidades hai tempo que están entregadas. A cidadanía tolera mal os gobernos divididos, pelexados non por ver quen fai máis, senón por ver quen aparenta ter feito máis. Moito teñen que espabilar, tanto uns coma outros. Nós, os que decidimos, non somos parvos.
ResponderEliminar