Cambio de ciclo
A Nosa terra
09.03.2009 12:02
Hai catro anos as eleccións constataron a morte por inanición do Fraguismo e premiaban a capacidade de renovación de nacionalistas e socialistas, o 1M acredita o éxito arroiador do proceso de renovación da dereita e a arteriosclerose prematura que padecen os socios do bipartito. O triunfo de Feixóo baséase nunha amnesia selectiva con todo o que atinxe á historia dos populares na Xunta, que lle permitía ofrecer agora todo o contrario do que fixeron cando gobernaban. Tamén fixo evolucionar o seu discurso cara posicións máis “xenovesas” e menos “composteláns”: máis rebaixas fiscais, menos gaitas e o galego para quen o queira. O toque final foi auspiciar un relevo xeracional nos cadros do partido e nas candidaturas.
Fronte a iso, os socialistas ofertaron unha visión acarunchada e rancia do discurso presidencialista. O “book” electoral de Touriño transmitía a mesma alegría que Don Cicuta e vendía o que non tiña: o carisma do Fraga, a quen pretendía herdar. A espantosa estética da campaña nacionalista –coa excepción do famoso vídeo–, transmitía con exactitude o que é hoxe o BNG: unha organización anticuada e lastrada pola necesidade permanente de equilibrar as forzas dun modelo frontista que xa non lle permite medrar máis. Tampouco entre os dous socios foron capaces de artellar un discurso político potente que dese coherencia á suma de cousas feitas na lexislatura. O toque final foi unha impresionante incapacidade para renovar os seus cadros e candidaturas.
Feixóo fixo o que tivo que facer para gañar as eleccións, apostou forte pola renovación. Quintana e Touriño déronas por gañadas e cando repararon en que as podían perder xa era tarde para cambiar o que tiñan que ter mudado.
Para empezar a semana, eu, a destempo, recomendaría "O triunfo da vontade" (Triumph des Willens. Digo a destempo porque o ideal sería tela visionado durante a campanha electoral. Vendo a Quintana micrófono en man tratando de emular a Obama non puiden evitar asociar ó da barba co do bigote, e é que dende os discursos de Nürnberg xamáis tivera visto tanta teatralidade.
ResponderEliminarAo mellor porque a política ten que ter algo de teatro e imaxinación, e xa que nos poñemos mesmo ideas novas, e frescas, e adoptar fórmulas de fóra que acheguen os políticos á xente. Porque digo eu que tamén fai falla ter algo de valor para coller un micro e poñerse diante da xente, digo eu vamos, o mesmo ti podes facelo sin que te treman as pernas. Si todas as críticas son polos micrófonos agora se entenden moitas cousas que pasan neste país
ResponderEliminar...é que eu mexaría por min directamente....
ResponderEliminar¿ acaso o estilo de Quintana non é criticable? Para min é unha vertente máis para valoralo/criticalo como político, pero dende logo non decisoria. Persoalmente, fixen balance da súa actuación durante eses tres anos e medio, e xa che digo que non o votei ou o deixei de votar porque copiara a Obama e acabara braceando como Hitler. Da túa crítica despectiva deduzo que pensas que no fondo non merecemos tanta innovación, vamos, que non está feita a mel para a boca do burro, se se me permite a traducción. En fin, poñendo escusas tan peregrinas agora entendo moitas cousas que pasaron neste país estes tres anos e medio
Si home sí, todo e todos somos criticables, e Galiza máis que ningún país merece toda a innovación e as ideas que podamos achegar. Pero ademáis da crítica, e ainda que sexa na intimidade, hai que recoñecer o traballo feito, quedarse na anécdota e o chiste bipartito foi un dos motivos do descalabro do 1M. Ou é que Galiza é do PP e punto? Eu creo que si de algo non houbo despois das eleccións, polo menos no BNG, foron excusas de ningún tipo, nin peregrinas nin exculpatorias. Os cidadáns falaron, un 70 por cento nada menos, non hai tachas que poñerlle á mensaxe que deixaron nas furnas, pero houbo 40.000 nacionalistas que se quedaron na súa casa. Qué pasou que Quintana lle recordaba a Obama e Feijóo non lles parecía tan mala idea?
ResponderEliminarSon muller. Sinto decepcionarte, se é o caso.
ResponderEliminarEu non sei se "Galiza é do PP é punto" nin me importa o máis mínimo. Simplemente falo dende a miña percepción e intereses como cidadá porque dende logo ninguén o vai facer por min. Non sei se aplicar a mesma vara de medir ó bipartito que lle aplico ó PP é "quedarse na anécdota". Refírome ás cacicadas. Ademáis de recoñecer os avances, porque por suposto os houbo, tamén pesaron na miña abstención -si- todas esas medidas e actuacións coas que, sinceiramente, non podería estar máis en desacordo. Por iso durante esa longa noite de pedra que foi para min a campaña electoral atopei apoio moral nun chiste gráfico aparecido no New York Times durante as eleccións de 1980, onde un home que apuntaba a outro que finalmente o convidaría a disparar, o obrigaba a elexir entre Carter ou Reagan. Isto a modo de exemplo para a miña opinión sobre Feijóo, porque aínda que eu non me identifique co nacionalismo creo que sei recoñecer unha boa xestión.
A referencia ó chiste atopeina nun artigo recente no mesmo xornal. Eu daquela case que non nacera.
ResponderEliminarRetomando a miña suxerencia cinematográfica, quixera lamentarme porque o profesor Losada non incluíse Triumph des Willens nas propostas do respetable. A película é todo un documento histórico sobre os documentais propagandísticos e está impecablemente realizado aportando planos fermosísimos, e que Deus me perdoe. Paga a pena.
ResponderEliminarEra un xeito de falar, me da igual que sexas home ou muller. Qué cacicadas? Esas que o PP estivo vendendo á prensa durante tres anos e medio? Ao final vai resultar que é verdade que neste país é o PP o que impón a súa visión da realidade. E neste tempo non te preguntaches cómo caciques acreditados de toda a vida que levaban 16 anos campando ás súas anchas polo país tiñan a pouca vergoña de denunciar supostas cacicadas?. Claro que o fixeron mal, o bipartito deixou que o PP lixara a política e a campaña, e ninguén se molestou en rebatir as acusacións.
ResponderEliminarA min ninguén me impón a súa visión de nada e menos o PP de Galicia. Eu son a que configuro a minha propia percepción das cousas, que non será obxectiva, por suposto, pero... quen a ten?! Como meros cidadáns é difícil saber que pasa sempre e en todo lugar con respecto á cousa pública. Porque ademáis non todos temos os mesmos intereses nin o mesmo molde intelectual. Así, e con todos os defectos que poida ter, necesitamos prensa. Estou segura que ti tamén vertes moitas veces opinións sobre feitos baseados so en informacións periodísticas, non? Se non , xa me dirás de onde quitas información sobre acontecementos efímeros dos que un non é parte. O que ten que haber é contrapoderes, pluralidade e espíritu crítico para coa propia prensa.
ResponderEliminarDe tódolos xeitos, como dixo o profesor Losada nalgunha ocasión, os medios tampouco tenhen tanto poder como eles pensan, e para denunciar prácticas indesexables non fai falla ler La Voz de Galicia. Como xa deixei caer noutro comentario anterior, eu mesma non moi lonxe de onde vivo puiden comprobar como o Bloque "enchufou" a militantes nun centro de día, feito que afortunadamente tampouco pasou desapercibido para os propios simpatizantes. ´
Se estas prácticas foron habituais, xa se me escapa, e terei entón que "guiarme" polo que se publica, se non, como me entero do que pasa??
Pregúntasme sobre os caciques conversos. Por suposto, dánme noxo, pero penso que a comparación , en primeira instancia, ten que ser con un mesmo e non andar á competencia por ver quen o fixo peor.
Por outra parte, no caso de non ser certa tanta arbitrariedade, facer autocrítica sempre é recomendable. Hai que ser consciente que a corrupción é unha consecuencia do exercicio do poder, sobre todo aquí, onde non imperar estándares daneses precisamente.
Por eso mesmo que dis, a información é poder e o uso que se fai dela te da ese poder, en todos os ámbitos, o político o primeiro. Sinto disentir do teu profesor Losada (ao que por certo hoxe hai que felicitar polo seu cumpreanos), pero a prensa sí que ten tanto poder, e máis no noso país, e creo que él mesmo o sufriu nas súas carnes. A acusación queda feita, con maior ou menor rigor, e só te queda defenderte, podes acabar gañando e mesmo tendo a razón, pero o dano está feito.
ResponderEliminarEu recoñezo erros e frustracións nestes catro anos de goberno, e agardaba máis cambios, e non aprobo moitas cousas que teño escoitado e leído sobre actuacións dende a Xunta de Galiza, dun e doutro lado. Pero cando votei cambio foi para que Galiza conformara unha alternativa aos eternos gobernos do PP e Fraga, e entendo que con ese caldo de cultivo sexa complicado cambiar as cousas, por máis que pense que se tería que ter feito máis. Que volva o PP a gobernar en Galiza con maioría absoluta non me parece un castigo para o bipartito, senón un castigo para Galiza, porque somos os galegos e as galegas os que o imos a sufrir.
Dende logo.
ResponderEliminarO poder da prensa pivota en parte na súa actuación como caixa de resonancia, da súa dimesión na esfera pública. Todos temos o poder de difamar, todos podemos denunciar nun momento dado e manchar gratuitamente o honor de alguén inocente sobre o que sempre caerá inxustamente a sombra da sospeita. Isto é o pan de cada día nas relacións humanas. E a política é unha continuación destas últimas.
Deséxolle ó meu profesor Losada parabéns polo seu cumpre. Suponho que un bo regalo para el sería unha entrada para o concerto de Springsteen en Santiago. Dígoo, porque eu xa tenho a minha, je, je
Pois sería un detalle que lle regalaras esa entrada!!!!!
ResponderEliminarEn fin, algún día neste país os poderes estarán separados, cada un cumprindo o papel que debe cumprir, e teremos un panorama mediático máis plural, menos suvencionado e máis ao servizo da información quedos convenios co goberno de turno