17/3/09

disque 17/3/09

Honor e transparencia
Disque O Noso Mariano defenderá o honor dos seus porque son inocentes. O partido ao que vimos aplicar a presunción de culpabilidade aos demais como estratexia e sen freo nas nosas eleccións, reclama para si a exclusiva da presunción de inocencia. Recollen o sementado, unha política asfixiante onde a sospeita equivale á condena. Están no seu dereito a defenderse, mesmo como eles lles negan aos demais. Pero que non veñan coa leria da honra, porque non se trata diso. Trátase da transparencia e das explicacións ás que todos estamos obrigados nunha democracia. Trátase de facturas e de euros, non de invocar a Calderón de la Barca.

1 comentario:

  1. Temos a obriga de articular unha normativa que vote o freo á teima defraudadora e comisionista. Temos moi enquistado o chanchullo na empresa privada, atentando contra ás regulacións da competencia e no eido público defradando o interse da cidadanía.
    Cadea sen posibilidade de saír dela, ata que os pervertidos económicos devolvan o roubado.

    ResponderEliminar