16/3/09

disque 16/2/09

O exemplo de Quintana Disque a dimisión de Quintana obrigou a envaiñar os coitelos que algúns levaban entre os dentes ao Consello Nacional e colocou o nacionalismo diante da renovación que leva tanto tempo eludindo. Disque mesmo Beiras e Paco Rodríguez acabaron fundidos nun abrazo que esperemos dure máis do que duran os abrazos. Para chegar a tanta efusividade e sensatez, fixo falla sacrificar un portavoz e candidato cun valioso capital en coñecemento e valoración, e que acaba de cumprir cincuenta anos. Cantos estragos semellantes terá que soportar o BNG para que dunha vez sigan o exemplo de Quintana os que deberon irse hai tempo?

3 comentarios:

  1. Anónimo16.3.09

    Gostei do Quintana porque, por fin!, habia no nacionalismo galego alguen que no fose mestre ou profesor universitario. Pero so sono rematou e voltan os catedraticos.Imoche bos...Para cando un dirixente que sepa o que é traballar

    ResponderEliminar
  2. Anónimo16.3.09

    Pois mellor que non 'traballen' coma Quintana, ou a próxima volta chegamos aos 5 no Hórreo, eh?

    ResponderEliminar
  3. Anónimo16.3.09

    Home tan mal non o debeu facer cando o BNG chegou ao goberno galego. Pouca memoria "sigue nadando, sigue nadando", así nos vai

    ResponderEliminar