18/3/09

disque 18/3/09. Galicia Hoxe

Morte por amabilidade
Disque os datos dan dor: fálase menos e úsase menos que antes e que noutros lados. O Noso Alberto pode respirar aliviado. Non é o castelán, é o galego. Para ser unha lingua imposta polas bravas, anda un tanto estragada e débil de máis. Tanta amabilidade como se lle promete pode acabar de darlle a liquidación. Mágoa que na reunión do Consello da Cultura co futuro presidente, a ninguén se lle ocorrese afearlle -con cordialidade, pero con firmeza- que teña argallado un conflito lingüístico. Consolémonos pensando que a sagrada chama da liberdade non está en perigo en Galicia. O galeguismo señorito pode descansar tranquilo.

8 comentarios:

  1. Anónimo18.3.09

    Frijolito tranquilo e o idioma en vías de desaparición.
    Sic transit gloria mundi!

    ResponderEliminar
  2. É culpa de todos, de todos os que pensaban en sillas e coches cando foron votar. Cando foron ás urnas non pensaron en como se debe de gobernar...

    ResponderEliminar
  3. Anónimo18.3.09

    Respostando a un dos supostos misterios galegos hei de dicir que a casta funcionarial (en especial o que eu denomino "xuntólogos") son criticables coma o que máis. Ou por encima de velos de compras no Gadis en horas laborais ou tomar cafés dunha hora larga de duración (pido perdón por "quedarme na anécdota") resulta que van ser "intocables"? Evidentemente tamén hai funcionarios con iso que se chama ética profesional, que quede claro. Pero a min en xeral estes empregados privilexiados por excelencia (e non o digo pola súa remuneración) non me dan pena.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo18.3.09

    A ver, afirmar que Feijóo maquinou conflicto lingüístico algún é non ser fiel á verdade, ademáis dunha sobrevaloración dun político "gris" -un colaborador electoral seu dixo fai pouco que o vía coma a versión galega de Sarkozy, do que extraio a conclusión respecto ó nivel intelectual xeral dos estrategas electorais. Claro que hai para todos, senón pensade no busto de Tourinho mirando ó vacío sobre fondo negro, ou aquel no que aparece traxeado lendo uns papeis... Todo un disenho gráfico de campanha hiperpaternalista máis ben propio dunha das repúblicas caucásicas exsoviéticas. En que estarían pensado os que concebiron tal aberración?

    ResponderEliminar
  5. Anónimo18.3.09

    (continuación)
    En todo caso, Feijóo aproveitose dun conflicto que outros se encargaron que crear.

    ResponderEliminar
  6. Anónimo18.3.09

    Ao parecer non chega con eliminar as clases en galego, senón que tamén se pretende fixar como se deben dar as clases de galego e, máis concretamente, o que debe dicir na clase o profesor.


    Adoutrinamento

    Ademais desta política lingüística, Gloria Lago apuntou outros asuntos que haberá que "mellorar" na próxima lexislatura e nos que traballará Galicia Bilingüe, como o "adoutrinamento" que, segundo ela, se dá no ensino. Por esta razón, pediu que os libros de lingua galega "sexan só libros de lingua e desapareza a ideoloxía nacionalista" que, ao seu xuízo, contén este material educativo.

    anosaterra.org

    ResponderEliminar
  7. As estratexias para gañar as elecións amosaron sen pudor as facianas màis porcallentas da especie humana, nunha versión levada ó límite po las necesidades propias do contubernio interno no PP: "Á alterntiva de gañar era só gañar".
    Dicir de seguido, co idioma propio da Galiza, fenece. Exprícome, o bilingüismo dáse nunha sociedade cando unha parte déla, utiliza en todo-los eidos a súa lingua, e ó mesmo tempo outra parte social utiliza outra diferente po lo séu arraigo.
    A necesidade de comunicación fará que ás dúas partes socíais coñezan o idioma da outra.
    O bilingüismo cando unha lingua retrocede consecuencia direita dun proceso de expansión dunha délas, provocará a desaparicion da outra. Coma consecuencia o bilingüismo morrerá.
    Os bilingües da Dona Rosa Díez fan un paripé que pretende ós Santos öleos para o galeguismo.

    ResponderEliminar
  8. """La Real Academia Española retira "tonto" como sinónimo de gallego.- Elpaís. SILVIA R.18/03/2009
    En 2013, cuando vea la luz la vigésimo tercera edición del diccionario de la Real Academia Española (RAE), "tonto" ya no será sinónimo de "gallego""".
    Todo dios falará inglés daquela e Alberto Núñez ficará ca lexislatura co sínonimo vixente=¡Qué gallegazos!.
    Poderémolo chamar ó Alberto gallego, e seguro que respostará tí máis.
    Os bilingües da Dona Rosa D., case seguro que apoiarán o inglés e o idioma dos sinos ou xestual, coma lingua vshícular(que non sei moi de certo o que é), no ensino.
    Sinal inequívoca do final do galeguismo e do galego.

    ResponderEliminar