Prudencia, Alberto!
Disque o PP vai anular as prazas que adxudiquen nas oposicións convocadas polo bipartito porque non se axustan a dereito, especialmente as de Vicepresidencia -xa se lle pode chamar así agora que perderon-. Botan a lingua a pacer e despois hai que tragala enteira para adentro. Xa ían anular o decreto eólico e agora todo queda nunha revisión. Xa ían vender o Audi e resulta que hai que peñorar os dous de Fraga primeiro. Xa ían liberar as vítimas da imposición lingüística e resulta que non dá tempo a cambiar nin o decreto nin os libros. A prudencia é a nai do bo goberno. O futuro presidente debera recordalo e mandar parar de xogar con esta impropia e insólita campaña de sospeitas sobre o traslado de poderes; antes de que alguén se acabe mancando de verdade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario