20/3/09

disque 20/3/09 Galicia Hoxe

para qué serve a RAG? Disque lle piden á RAG máis forza na defensa do galego. Disque poucos entenden como non fixo públicos como era debido os alarmantes datos do Mapa Lingüístico. Certo que estabamos en campaña electoral e que a RAG non está para facer política, pero tampouco está para dificultarlles aos galegos o acceso a datos obxectivos e relevantes sobre a penosa situación da súa lingua, que xa somos todos maiores para interpretalos pola nosa conta. Coa súa decisión, limitou o noso dereito a votar o mellor informados posible. A RAG é unha institución que existe para velar pola lingua, non pola propia supervivencia. E se non o fai, mellor que peche.

4 comentarios:

  1. Millor coma ben dis, que peche. Se as diferencias do español no mundo sonche evidentes, e aínda así hai unha soia academia da lingua española, A REAL ACADEMIA DA LINGUA ESPAÑOLA, que abrangue as diferencias ligüisticas e variaciós de todo-los países.
    Non ten senso ningún ca nosa academia exista. Quero dicir que a nosa real academia ten que ser a ACDEMIA DA LINGUA PORTUGUESA, coido que temos diferencias semellantes ás que se atopan co castelá no mundo.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo20.3.09

    Ti flipas marGui.Claro que, lendo algún comentario teu anterior, ben che tería que dar a razón. A mi costoume entenderte, pero bueno, será porque non son moi intelixente.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo21.3.09

    A aberrante decisión zapateril que tanto vai favorecer os intereses do Reino na súa relación cos USA atópame en franca retirada. Espero que en Alemania, país que me vai acoller por segunda vez, siga imperando o sentido común desgraciadamente tan pouco habitual por estes lares. A ver se o titular deste blog se molla e nos deleita cun novo misterio (por que só falas dos galegos??), que se acepta a suxerencia, podería ser: en que pensa Zapatero? Quizáis sexa demasiado simple, pero como se di, menos é máis. Ah, acábaseme de ocurrir outro, a saber, por que Zapatero teima en dicir "los Estados Unidos de Norteamérica"? Manterá tal denominación cando en 15 días se reúna con Obama (se tal encontro ten lugar!)? Ten Zapatero asesores en política exterior? De que estercoleiro intelectual os sacou?... Velaí cantos misterios xuntos.

    ResponderEliminar
  4. Non se trata de grao de intelixencias. Recoñezo que non me explico ben. Quería dicir que se Arxentina, Uruguai, Chile e outros países, con diferencias na fala evidentes (Teño as veces máis dificultade de enteder o que dín os actores dunha peli, arxentina que doutra brasileira), a pesares de iso, ríxense por unha única academia. As diferencias do galego ca fala de Brasil o Portugal son semellantes. Non entendo as razóns de non armonizarse ó galego, acolléndose ás decisións dunha única academia tamén. (?)

    ResponderEliminar