Xustiza e sensatez
Disque a xuíza considera adecuado e razoable o proceder do Estado na xestión do "Prestige". Disque toda a culpa bótalla a Mangouras e á empresa que asumiu o rescate. Unha cousa é que López-Sors non sexa penalmente responsable e outra que haxa que darlle as grazas por deixar que o barco regase de chapapote as nosas costas. Unha cousa é que o capitán e a empresa sexan uns elementos de coidado e outra é que o Estado non teña a obriga de estar aí para impedir as súas falcatruadas. Unha cousa é que a Xustiza teña que ser cega, outra que non respecte as regras mais elementais da sensatez e o sentido común antes de ditar sentenza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario