21/3/09

a nosa terra 19/3/09

OS DILEMAS DO BNG Amaior virtude da intelixente dimisión de Quintana é que coloca ó BNG diante da inaprazable necesidade de tomar as decisións que leva anos aprazando e haberá de facelo rápido. A uns e a outros xa non lles vale alimentarse do discurso de que Quintana se equivoca, o goberno se equivoca, o BNG se equivoca ou os galegos se equivocan. Na crucial asemblea de maio, a cuestión non é dicir o que non se debe facer, senón dicir o que compre facer, polo menos respecto a tres dilemas críticos para a supervivencia nacionalista. O primeiro dilema atinxe ao modelo organizativo. O frontismo e os enormes custes de manter os equilibrios internos levan antes ou despois á parálise. O que hai non dá máis de si. O BNG debe elixir se quere sobrevivir na minoría ou avanzar de xeito firme cara a un modelo de partido capaz de gañar a vontade maioritaria e de cambiar e representar as demandas dunha sociedade moderna e en permanente transformación. O segundo dilema afecta á renovación. Non é certo, como sosteñen Beiras ou Rodríguez, que supoña arrombar á experiencia ou que iso que chaman“a sociedade” demande a súa continuidade. O BNG debe decidir se afronta a profunda renovación que si demanda a sociedade e abre paso a outra xeración de dirixentes. Ou se instala na decadencia e a melancolía dos que non se saben ir. O terceiro dilema refírese ao liderado. O BNG acaba de sacrificar ao seu líder mellor colocado en termos de valoración e coñecemento. Deberá decidir se recupera ese capital ou se embarca no longo e incerto proceso de construír un novo candidato que poda competir nunhas eleccións, non ir a unha misión suicida. artigo en A Nosa Terra

2 comentarios:

  1. Anónimo21.3.09

    Parece gracioso, falar de cambio e poñer a Beiras de dirixente. O que fai falta e acabar cos partidos internos e ademáis actualizar un pouco a ideoloxía, pois alguns quedaron no comunismo de metade de século.

    ResponderEliminar
  2. O primeiro dilema tende respostarse coa implantación estensiva na sociedade. Non é válido centrarse nun seitor punteiro, coma o cultural ou universitario, agardando o contaxio expontáneo ó resto.
    Respeito o segundo dilema o da renovación, sen duda que sempre precísase, ainda que só sexa por razóns hixénicas.
    A o terceiro dilema que prantexas coma virtudes derivadas da intelixente saída do Qin, dicir que os líderes con sustento real na xente, non desaparecen de súpeto. De todolos xeitos penso co país precisa moitos máis persoeiros con influencias positivas e o nacionalismo tamén.

    ResponderEliminar