27/3/09

disque 26/3/09 Galicia Hoxe

Citroën quere máis Disque ao director de Citroën os 88 millóns subvencionados cos nosos impostos lle parecen pouco. Disque ao seu carón, pedindo máis compromiso público, estaba O Noso Alberto. Non sabemos se foi no seu coche ou no de cortesía que lle cedeu a marca francesa. Dúas afirmacións rechamantes vindo do xestor dunha compañía que recibe axudas en Francia por despedir só fóra do país, e dun futuro presidente que debe velar porque non se despida a este lado do Padornelo. O máis apabullante da crise é como nos convertemos en responsables de que lles sigan ben os negocios a uns cantos e se non lles damos o que piden, ou se enfadan ou te despiden.

artigo no Galicia Hoxe

1 comentario:

  1. Son as condicionantes da solicitada e reclamada inversión extranxeira. Nos tempos de crise, as filiaciós do capital amósanse sen pudor. Temos que tentar de ter independencia económica, con grupos propios de produción de bens e servizos. Na saída da crise, algúns serán moito más fortes relativamente respecto ó resto. Outros decataránse da súa debilidade e chegarán a terrorífica conclusión de que non teñen ren. Temos que invertir, sen falla en programas de investigación, na educación, na inovación.....E non buscar coma única solución a inversión de fóra.

    ResponderEliminar