30/3/09

disque 30/3/09 Galicia Hoxe

Rematou a festa Disque o sistema bancario español xa non é a excepción e que ten o seu primeiro caído polo ladrillo, a mala xestión e a crise. Como se especulaba, é unha caixa pequena que non soubo medir as súas forzas. A negativa de Unicaja a facerse cargo da de Castela-A Mancha sacou o morto á luz. Fai ben o Goberno en reunirse de xeito urxente. Nestes casos, o peor é sempre non facer nada. Xa postos, ademais de mandar unha mensaxe de tranquilidade e de garantir os depósitos dos aforradores, máis vale que o Goberno lles deixe claro á banca e ás caixas que se acabaron as frivolidades e a festa. Porque senón, non imos acabar de pagar as facturas nunca.

2 comentarios:

  1. Anónimo30.3.09

    Ao respecto da imaxe de hoxe do Mil Imaxes: "Por un jergón y un plato de sopa. Con una alfombra y un kleenex le sacan brillo al culo de Europa"

    ResponderEliminar
  2. Non se pode sin máis achantar cos efeitos perversos da crise coma se fosen o miragre da encarnación. Apunto a que temos que buscar respnsabéis. Escoitei na SER, que unha radio de Toledo inicióu unha campanha, que foi quebrando a confianza dos depositantes. Si é así, nos se pode silenciar o facto, seguro que hai, responsábeis internos, pero neste caso pode tamén habélos externos. Qué paguen.

    ResponderEliminar