Aló foi
Disque O Noso PT asumiu a responsabilidade dos malos resultados socialistas e dimitiu. Fixo ben, e hai que aplaudirlle a coherencia. Igual que, de telo habido, o éxito sería só seu, enteiriño para el é o fracaso. O partido pediulle que adiantara as eleccións e non o fixo. O partido pediulle que non fixera a campaña que fixo e tampouco atendeu o requirimento. É lóxico que o partido pida e cobre agora a súa cabeza. O Noso PT fixo moitas cousas mal e algunhas ben. Foi un presidente digno e que non nos fixo avergoñarnos coma Fraga cando se lle quentaba a boca, malia que tamén foi incapaz de cohesionar o bipartito e optou por competir e desconfiar, en vez de cooperar e convivir. Pero entre todos os erros, ningún tan devastador como non decatarse de canto tiñan cambiado os estados de ánimo do país nos últimos meses.
Eu tamén quero que dimita Anxo Quintana!
ResponderEliminar