5/3/09

disque 4/3/09

O elixido
Disque Pachi Vázquez será o herdeiro da desfeita do Noso PT. Quédalle tarefa por diante, pero está dotado das habilidades que se precisan para enfrontar os difíciles anos que se albiscan dende a oposición. Coñece o partido e non vai cometer o erro de ignoralo. É hábil no xogo político, e directo e contundente na comunicación co votante. Ouseña, todo o contrario do que era O Noso PT. No BNG toman as cousas con máis calma e fan ben. As presas de Esquerda Nacionalista só lles importan a eles mesmos. O nacionalismo galego ten moito sobre o que matinar e decisións importantes que tomar nos vindeiros meses, non só sobre quen fai de portavoz nacional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario