
Teño recibido algunha suxerencia, mesmo algún comentario, onde se plantexa a cuestión sobre si contestar ou non aos comentarios que tendes a amabilidade de deixar. O Blog naceu como un espacio de intercambio de ideas e puntos de vista onde se pretende que teña voz todo quen quera e para dicir o que quera. Para expór as miñas opinións xa están as entradas e os artigos. Nos comentarios, considero que o interesante é que funcionen como un espacio onde se exprese todo quen teña a xentileza de visitar o blog e desexe aportar a súa visión aos debates que podan abrirse.
Outros comentarios de carácter máis persoal, non serei eu quen os conteste. Cada quen opina como quere e se da valoración persoal de quen non pensa coma il, da súa horandez ou da súa integridade persoal, quere facer un argumento para gañar a súa guerra particular, é o seu problema. Xa me dicía meu pai que tiña bo lombo. Como din U2 nunha canción: "non hai nada que me podas botar enriba que non me teñan botado xa"
Non hai misterio galego, as cacicadas do PP son parte de Galiza, tamén para os medios de comunicación. Esto é Galiza
ResponderEliminarFeijóo defensor do galego? exactamente por qué? o galego o defendeu a el? o galego lle serviu para gañar as eleccións? A defensa da nosa identidade forma parte do seu programa electoral?
ResponderEliminarGaliza será Móstoles en canto o señor Feijóo nos goberne