Por aí, non
Disque Beiras sacou o coitelo e pide que roden cabezas. Disque anda argallando, tamén, un manifesto urxente en defensa do decreto do galego e das galescolas. Mágoa que non saíra defendelas antes das eleccións, que era cando facía falta. Mágoa que agora se lance a falar, contribuíndo ao ruído que en nada vai beneficiar a reflexión que o nacionalismo ten que abrir. Polo demais, a proposta de Beiras é que calquera tempo pasado foi mellor. Se a solución do nacionalismo é mirar cara atrás, en vez de cara adiante, e volver ás asencias asamblearias, en vez de converterse nun partido moderno e competitivo, entón é que o nacionalismo non ten solución.
Home, moderno non sei, pero competitivo....
ResponderEliminarO pensamento de Beiras percíbese na rúa. Só fixo de eco nos medios. E se se calou antes foi por non danar as eleccións. Beiras e moitos militantes véñense queixando desde o 2006 por activa e por pasiva, sen que a executiva, os que moveron os fíos lle fagan caso. Hai medo do seo do BNG a decir o que un pensa, se vai contra da UPG. Vai crecendo día a día unha desconfianza hacia a UPG que non é boa para o BNG. E esa afirmación de que nombrar compromisarios sexa modernizar o partido é totalmente discutible. Qué é modernizar o partido? Qué é facelo competitivo? Facelo como os demáis? Ser como os demáis? Para iso non necesitamos un BNG. E máis, iso non o queremos moitos do BNG. O BNG debe volver a ser un movemento de avangarda e colocar Galiza na vangarda do pensamento solidario internacional. Moitos militantes non queremos parecernos ao PP para quitarlle os seus votos, como pretende a UPG, e chegar a gobernar. Queremos transformar Galiza, a sociedade galega, que aprenda a coidar de sí mesma, queremos transformar conciencias e convertir as novas xeracións en galegos competivos, amantes da súa terra, pero orgullosos de crear unha sociedade solidaria, fraternal "entre todos", non en darlle ao voto a un partido nacioalista para que o fagan eles por nós. Voltemos ao asociacionismo, ao cooperativismo, de proxectos, de ideas. Hai milleiros de xente nacionalista na casa de brazos cruzados con ganas de traballar. Pero a UPG xa está para facelo por nós, non? Pois non. Non o queremos así! Todos somos necesarios. Transformemos Galiza nunha sociedade solidaria e coherente coa súa natureza, sexamos a ilusión das novas xeracións. Pero para iso temos que estar todos, sen medo a sermos crititados ou expulsados, sen esperar que se nos diga que non fagamos nada, que xa o fan eles todo. Iso é cambiar uns amos polos outros, nacionalistas, quizáis, pero siguen sendo amos que, tamén se poder equivocar, e tamén poden ser dictatoriais.
ResponderEliminarjesus allmighty!
ResponderEliminar