9/3/09
E por qué non?
O mellor do cartel é a cariña que me ten o futuro presidente ollando, entre orgulloso e asépticamente profesional, o que podería ser o seu vehículo oficial. Unha elección moi acorde por certo co que foi o lema das autonómicas: “recargando Galicia”; o mellor ate lles colle porque estes vehículos teñen grande capacidade de carga.
Mágoa que nunha agradecida entrevista concedida o domingo a la Voz De Galicia, descartara esta opción dicindo que "hombre no voy a andar en coches familiares ni en furgonetas. pero será un modelo de gama nornal". Qué pouco sentido do humor.... Con estes razoamentos de novo rico non imos a ningún lado....
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario