As leis das sospeitas
Disque O Noso Alberto foi suxeito da cortesía de Citroën mentres foi líder da oposición e viaxaba de balde nun coche xentileza da marca. Agora que vai ser presidente, tanta cortesía semella vai ser substituída por un vehículo a cargo dos nosos impostos. Ao Noso PT podíano acusar de adicto ao luxo por un coche e unhas cadeiras mal compradas. Ao vicepresidente Quintana podíaselle imputar o cargo de prevaricación por unha tarde ao sol no iate dun empresario. Á vista de tanta amabilidade, e aplicando mesmo con prudencia as propias leis da sospeita dos Populares, qué temos dereito a pensar agora os cidadans da relación entre o futuro presidente e o fabricante de coches francés?
No hay comentarios:
Publicar un comentario