26/3/09

Help. Tedes unha pregunta para Rajoy?

Help, unha pregunta para O Noso Mariano
O vindeiro luns 30, TVE emite Tengo una pregunta para Usted, con Mariano Rajoy. Ó remate, haberá unha edición especial de 59 segundos para comentar as mellores xogadas e as máis polémicas, os goles e os penaltis. Ós convidados pídennnos que grabemos unha pregunta para Rajoy para poñerlla no telediario e, para variar, non se me ocurre ningunha que pague a pena. Seguro que a algún se lle ocurre algunha boa e é tan xeneroso coma para compartila con todos nós e cederme os dereitos, ou non?

16 comentarios:

  1. Anónimo26.3.09

    Eu son a nena de Rajoy, crecidita e cun fillo, podería o señor Rajoy (galego coma min) explicarme por qué o seu partido non me vai a permitir escolarizar ao meu fillo cunhas garantías mínimas de que reciba ensinanza no idioma do seu país (o galego)? E a ver si consigue explicarme por qué o PP aprobou a lei e o plano de normalización lingüística que me daba estes dereitos e agora pensa conculcalos.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo26.3.09

    Hombre el señor Rajoy!!! Qué considerado al someterse a las preguntas del pueblo!!! Puesto que el PP se pasa los días pidiendo explicaciones sobre todo lo divino y lo humano al resto de los mortales, podría el señor Rajoy si es tan amable iluminarnos a los españoles con "toda la verdad" sobre los espías de la comunidad de Madrid, el caso de corrupción y las relaciones con el señor Correa, el sorprendente patrimonio del tesorero de su partido.... No sé arrójenos algo de luz sobre estos casos que ustedes cierran y punto

    ResponderEliminar
  3. Anónimo26.3.09

    Eu teño unha pregunta moi concreta. Neste "charco de merda" no que o PP ten convertido a política, o día do peche de campaña das eleccións galegas, en Ourense, o señor Rajoy asistiu ao mitin de peche de campaña e, sentado diante de Baltar, escoitou impasible como repetía as graves acusacións persoais que durante toda a campaña lle fixo ao señor Quintana, asegurando que "eu só repetín o que se dice no pobo, si non é verdade que o probe". Posto que non escoitei ao señor Rajoy dicir nada ao respecto, temos que entender que avala co seu silencio este estilo de facer política que practica o xefe do seu partido en Ourense?

    ResponderEliminar
  4. Anónimo26.3.09

    Señor Rajoy, le parece que está suficientemente protegido el lince euroasiático?

    ResponderEliminar
  5. Anónimo26.3.09

    Benquerido Antón a ver si esta pregunta te parece interesante, a min me gustaría saber qué pensa "el señor de los hilillos" da última decisión xudicial sobre o caso Prestige, sobre todo sabendo que agora a posible sentencia a favor ou en contra lle afectaría ao goberno de Zapatero.

    ResponderEliminar
  6. Anónimo26.3.09

    ES USTEZ GAYER?

    Non, en serio. Seguro que nunca lla fixeron.

    ResponderEliminar
  7. Anónimo26.3.09

    E postos a marujear, qué hai de certo da súa "relación especial" con Alberto Núñez Feijóo

    ResponderEliminar
  8. Anónimo26.3.09

    Home pois xa que estamos a min non me quedou nada claro qué faría o PP si decidira sobre as nosas tropas. Nos retiraríamos de Kosovo? Irían máis soldados? Mandarían a toda a tropa do seu partido a reforzar ao exército ianqui?

    ResponderEliminar
  9. Anónimo26.3.09

    A miña pregunta sería: Como presidente do PP condena o franquismo ou dalle lexitimidade a 40 anos de dictadura, falta de liberdade, asasinatos, represión ......e entre outras moitas atrocidades persecución do idioma da "súa terra"?

    Cando Rajoy di k é galego revólveseme o estomago!! Esto é unha reflexión miña!! Non formaría parte da pregunta.

    ResponderEliminar
  10. Sinxelo Antón, asumen responsabilidade na crise que nos acouga? O que segue non é pregunta, son elucubraciós, e empezo por considerar que a concentración dunha meirande parte da nosa capacidade económica foi destinada á construcción ca bendición deste e do anterior goberno. O goberno do PP, tentóu de reducilo custo da vivenda e para elo creóu máis solo. A medida fracasóu, e os prezos segueron a medrar. O ladrillo non é unha creación inversora de ZP, cecáis non soubo arranxálo e tomar medidas drásticas axiña.

    ResponderEliminar
  11. Ola tocalho.
    Eu preguntaría-lhe varias:

    1.- Se lhe pareceu limpa a campanha do PP en GZ, e se pensa que esa actitude vai enlamar a actitude da oposición cara ao governo da Xunta (p.ex se lhes han facer umha marcaxe máis férrea nos temas de urbanismo (non xa nos ilícitos, senon en casos de despilfarro coma os que saíron á luz logo do 1M, a Cidade da Cultura, etc), e se máis que o respeto e o dereito a governar da maioría absoluta primará un acoso que eles propiciaron.

    1.1 - (Ésta han facer-lha, si ou si, seguro que leva umha parrafada preparada):
    Por qué o PP insistiu tanto en Madrid e Galiza en que debía governar a forza máis votada, e logo pacta co PSOE en Euzkadi, sendo a máis votada o PNV, e cando xa pactara daquela o mesmo Aznar con Arzallus?
    * Por sentido común: Se o reparto fose máis proporcional nas 4 provincias o PP non governaría, se Galiza for circunscripción única tampouco. Sabendo que a suma dos votos de BNG e PSOE dá máis que os votos ao PP, cre que o seu partido está lexitimado para facer cambios radicais e botar abaixo o que se construiu nestes 3 anos e medio?
    (... como se pasen igual habería que impulsar umha coalición electoral PSOE-BNG, que cousas máis raras se tenhen visto).

    2.- Sendo galego por familia, por qué nunca fala umha palabra en galego? Nen sequera á TV portuguesa! (non sei se é certo o ruxeruxe de que ate Franco falava en galego con Salazar) Dá-lhe vergonha? Cre que sen a nosa lingua o mundo sería melhor? Sería máis bonita a primavera?

    2.2 - Realmente cre que se impuxo o galego? Por qué antes había literatura e documentación da Administración (mesmo actas notariais) e agora o galego perde número de falantes?

    Saúdos desde a ilha de Arousa!
    Antón Millán

    ResponderEliminar
  12. Eu teño dúas preguntas posibles:

    1- Xa que o coche de Touriño foi un tema central na campaña galega, ¿como explica que permita a Presidentes do seu partido como Esperanza Aguirre, Francisco Camps, ou a alcaldes como Ruíz Gallardón, que dispoñan dun coche oficial igual ou máis caro que o que criticaron nos mítines en Galicia?

    2- ¿Como galego, como se sinte ó ser un dos culpables de acabar co galeguimo de deritas da época fraga e por promover a erradicación de políticas lingüísticas que foron aprobadas por unanimidade fai anos no parlamento galego?

    ResponderEliminar
  13. Anónimo27.3.09

    Querido profesor Losada:
    Estou bastante de acordo coa análise de marGui. Ademáis diso, tamén lle preguntaría que modelo económico de país propugnaría no caso de ser elexido nas próximas eleccións xerais, isto é, se lle daría o pulo necesario ó I+D+i e melloraría a EDUCACIÒN ou volvería a apostar polo enfeble ladrillo, hipotecando o futuro de aínda máis xeracións. E perdoa a frivolidade. Xa sei que facer preguntas sobre a vida e parellas sexuais dos políticos ten prioridade. Iso si, que non o fagan cos nosos, non é así? E que lendo algúns comentarios sinto ganas de devolver, disculpa a escatoloxía.

    ResponderEliminar
  14. Temos que ter en conta ás posibilidades de cada quén a según medios e formación. Eu non son ninguén para considerar noxentas as opinóns de cada quén. Sobre todo cando estouche moi acostumado os insultos direitos e descalificacións. En fin xa que voltei co tinglado, dicir que cando digo que os prezos da vivenda segueron a medrar, indireitamente estou dicindo que os sistemas automáticos do capitalismo non funcionaron. Sabemos que prezos outos reclaman recursos. Na nosa realidade pretendía o pp rebaixalos e dirixir recursos a outros proxectos.-FRACASARON.

    ResponderEliminar
  15. Anónimo29.3.09

    Eu si son quen de estimar noxentas moitas opinións en xeral: Die Würde des Menschen ist untastbar*.
    *ar. 1° da Ley Fundamental alemana de 1949

    ResponderEliminar
  16. Anónimo29.3.09

    Suxiro dous discos para comezar a semana:
    Rumours, Fleetwood Mac, e
    Astral Weeks de Van Morrison

    ResponderEliminar