1/4/09

disque 1/4/09 Galicia Hoxe

Necesita mellorar Disque O Noso Mariano colleitou menos audiencia que ZP no programa dos que teñen unha pregunta. Comparados os dous shows, ten lóxica. Con Zapatero foron axustar contas e os espectadores quedaron para ver como aguantaba un castigo sen concesións. A Mariano querían escoitarlle dicir todas esas cousas que sempre parece ir dicir, pero que logo ou non se atreve ou non lle deixan os seus. Pero visto que pasaban os minutos e só volvía ao de sempre, cun pouco máis de amabilidade, optaron por ir durmir. Din as enquisas que lle dan un aprobado alto, pero é que onte, diante dunha audiencia millonaria, puido ter aspirado e asinado unha matrícula.

1 comentario:

  1. Anónimo1.4.09

    Pois eu non lle daba o aprobado, que me perdoen o resto dos telespectadores, pero se lle notaba tan forzado por non amosarse como é. "No me gusta acusar sin pruebas", dixo sin poñerse nin un pouco colorado. Vamos home señor Rajoy que nos conocemos, que vimos de ver ao PP en acción en campaña electoral. E aos medios de Madrid lles chama a atención que non sepa falar inglés, nin galego tampouco por certo, o titular tería que ter sido "O señor Rajoy non sabe idiomas". Eu o deixo para setembro

    ResponderEliminar