Un pouco de intelixencia
Disque xa quedou constituído o Parlamento da nova era de O Noso Alberto. De momento, trae boas noticias. A maioría escolleu a Pilar Rojo, quen por perfil, capacidade e sentido do humor, ten todas as papeletas para ser unha gran presidenta. Os socialistas decidiron ter un xesto cos seus socios municipais e cederlles un posto na Mesa: gañan eles, porque reforzan as complicidades, e gaña a pluralidade. Os nacionalistas tiveron a prudencia de situar e preservar nese posto, para o que veña, un dos seus activos: o dimitido Quintana. Logo de tantos meses de navalladas electorais, que descanso ver algo de intelixencia en acción.
...e escoitalo himno nacional...
ResponderEliminarSi ó final, vai ser que os do PP sacarán adiante un Estatuto de nación equiparable ó catalán (dependendo do que diga a sentenza futura...), e quedarán unha vez máis, coma os donos, señores e benefactores do país. Que inxusta é a vida e que listos son os malos!!
Saúdos Antón
Pois se non fora porque teñen uns dirixentes asustados polo que dicen na cope de Losantos e a sua executiva española, serían que de facelo porque non che son parvos, Millan e, sobre todo teñen unha base social coa que construir unha nación, xente disciplinada e traballadora.
ResponderEliminarUn saudo. Alvarez.
Totalmente dacordo, teñen o que lles falta ós outros, aínda que sexa triste ter que recoñecelo. Sobre todo ter que recoñecer que son quen mellor entende o país, son os que chegan a máis lugares e mellor. Clientelismos e caciquismos a parte a maioría da poboación véos coma "os daquí", e ós outros pouco menos que coma bichos raros. Ata que eso non o entendan as forzas progresistas, temos PP para rato, mal que me pese.
ResponderEliminar