14/4/09

disque 14/4/09 Galicia Hoxe

O guión Disque O Noso Alberto fará hoxe ese discurso que fan todos cando chegan a presidentes, anunciando goberno para todos e ofrecendo diálogo. O que fai pensar se só o fan cando son presidentes e tanto lles estraña que até nolo contan. O guión marcaba un paseo triunfal onde mesmo se podía permitir a licenza de zouparlle á oposición por andar ocupados de máis coas súas cousas e de menos coas nosas. Pero a axitada vida profesional dun dos seus conselleirables dálles a socialistas e nacionalistas munición inesperada, e obrigalles aos populares a xogar á defensiva por primeira vez en meses. O final do guión é o mesmo. Pero os diálogos están cambiados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario