13/4/09

misterio galego n#8

Confirmase por todas as fontes a aparente negativa de Sánchez Izquierdo a facerse cargo da CRTVG. Ao parecer prefire seguir en período de descompresión da familia Outeiriño. O Noso Alberto constata a dificultade de atopar alguén con prestixio que asuma o marrón de San Marcos so por un ano, ate que o parlamento nomee un de consenso tal e como prometeu. Confirmarase a opción que algúns próximos lle recomendan e manterá no seu posto a Benigno Sánchez porque, como din quen así llo aconsellan, “é un home servicial e ben mandado e moito prestixio que manter non lle queda”?

No hay comentarios:

Publicar un comentario