Aprobado alto
Disque O Noso Alberto tampouco superou a síndrome do opositor que se apodera dos candidatos nas investiduras. Obsequiou-nos co xa clásico exercicio de opositor camuflado de discurso: falar de todo un pouco para dar a sensación de saber un pouco de todo. Ao seu favor, ter collido á fin o ton institucional que se lle resistía, anunciar a redución da hipertrofia venerada en áreas concretas do bipartito coma Presidencia e comprometer a indispensable reforma do Estatuto. En contra, que, á parte de botar contas, non sabemos que vai facer co da crise, e sacar da manga o "trilingüismo cordial" antes de amañar a que armou co "bilingüismo amable".
No fondo do meu recordo están aquelas palabras do PP que dicían que ós galegos non lles interesaban as reformas dos estatutos, que o importante eran outras cousas. Desto non fai moito tempo, e si esto era certo ¿que cambio se produxo?... porque o único que bexo é que agora os encargados de chamar ós outros para reformar o estatuto son eles que están no goberno. ¿No sería que antes non podían soportar que o estatuto se reformara cun goberno socialista e nacionalista?
ResponderEliminarPois o mellor de todo Iago, é que resulta que os galegos non podemos ter un estatuto coma o Catalán, pero resulta que o señor Feijóo nos dixo onte que o que sí podemos é agardar pola sentencia do TC sobre o estatut para ver o que facemos, porque ao PP non lle gusta que en Galiza se faga o que nas outras nacións do Estado, pero sí lle gusta prohibirnos o que lles prohíben a elas. Mi madriña, qué xente leva o meu carro!!!!
ResponderEliminar