16/4/09

disque 16/4/09 Galicia Hoxe

Xa non quedan fotos
Disque a hiperactividade audiovisual do novo Goberno de Zapatero está esgotando as existencias de albumes na capital. Xa non collen máis retratos e xa non deben quedar moitos cos que retratarse de quitados vostede e máis un servidor. Como non se volvan algo máis discretos, o día que fagan al-gunha cousa relevante de verdade van estar tan vistos que non lles imos facer nin caso. Pase que teñan que acompañarse dunha nube de fotógrafos cada vez que se xuntan. Pase que esas imaxes sirvan para lanzar mensaxes de tranquilidade. Pero a ver se van estar confundindo levar a iniciativa e tomar decisións con moverse para non quedar quietos e caer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario