17/4/09

disque 17/4/09 Galicia Hoxe

O presidente Disque O Noso Alberto superou sen apuros un debate de investidura que non pasará á historia do parlamentarismo, pero que tivo os seus momentos. Os voceiros da oposición fixeron o que puideron, o que é moito se temos en conta que ían para Goberno e aínda se están recuperando do desgusto. Atacárono polo flanco máis débil: boas palabras e grandes anuncios, pero pouco concreto sobre como pensa levalos a cabo. Na réplica, o candidato volveu acreditar a súa habilidade para non contestar parecendo que contesta. Tanto ten. O que non quixo concretar de palabra no Parlamento terá que empezar a detallalo de obra. Que haxa sorte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario