Subestimar a Feijóo
De ser así, estariamos ante o maior e máis grave dos erros estratéxicos cometidos pola esquerda galega en tempos. Levando a cabo un exercicio de ensimismamento, autoconvencéndose de que a derrota foi inxusta e culpa do socio, de que Albertiño non posúe dotes de liderado tendo un perfil gris ou de que, cunha maioría tan exigua é relativamente doado recuperala Xunta, só se facilitaría a situación a un PPdeG que é perfectamente capaz de asentarse definitivamente no noso país sendo, desta maneira, colaboradores necesarios. Alguén que foi quen de dárlle a volta a uns comicios en tan só un mes de campaña depredadora, pero efectiva, non debera minusvalorarse. Incluso algúns crerán que o Bruxo de Palas, por sí mesmo, pode salvarnos desta antes ou despois.
O Martes escoitamos o discurso de envestidura do Presidente no Parlamento, e tamén as reaccións. O que queda claro é que avanza unha tibia renovación no seo da dereita (a ver cando concrete) e iso, pódeo facer relativamente atraínte para parte das novas xeracións, cada vez máis desideoloxizadas e afastadas dun compromiso estreito cos ideais. Facendo unha lectura desapaixoada del pode intuírse como avoga, sen ambaxes, por unha nova liña política e como nalgunha parte, incorpora retazos de inspiración poético-obamaniana adaptados á realidade galega. No asunto da lingua patina, pero colará. Non é o Feijóo da campaña. Móstrase conciliador. Non lle caen os aneis por facer loubanzas a insignes intelectuais galeguistas, coma Vicente Risco, Ramón Piñeiro, ou outros. Non dubida un segundo en calificala etapa franquista coma unha longa noite de pedra. Non lle treme o pulso á hora de apropiarse de conceptos e reivindicacións tradicionalmente defendidas dende o outro lado, coma a igualdade de xénero, ou o desenvolvemento sostible.
En principio, a situación de crise xoga no seu favor e xa bota a bola enriba do tellado do Goberno de Madrid, parapetándose sen pudor, e gañando tempo. Anuncia que a condición sine quao non para aprobar un novo Estatuto é que respete a futura sentenza do Tribunal Constitucional sobor do Estatut catalá, o que significa que non temos porque aspirar a dotarnos dalgo menor...Ven para quedarse. Non caian na tentación de subestimalo!.
Millán, preclaro como siempre.
ResponderEliminarmoi bo Millan
ResponderEliminarLu_Kaly
Pois si. Ven para quedarse. Ademáis teno doado. Nun momento en que prima a politica de xestos sobre a de contidos ten tres na man para eternizarse no poder: decreto do galego, concurso eólico, e estatuto.
ResponderEliminarCalquera protesta da oposición será convintemente enfocada como amargura pola derrota e falta de capacidade democrática de aceptar a derrota. Non protestar deslixitimaría a oposición por sempre.
Aí esta o gran dilema da oposición e de todos os que non comparten as teses do señor Feijoó. Como enfocar a oposición sen que está signifique consolidalo ainda máis.
Segundo Tywin a oposición bipartita atópase nun dilema sen posible solución. Se fan unha cousa, mal e se fan a contraria, peor. Para Tywin so lles queda o camiño do suicidio político. Pois non, a cousa non é para tanto, todos os políiticos, ou cando menos a maioría, veñen para quedarse, pero dependendo de como o fagan e como vendan o seu producto, quedaranse ou non. Ademais dos acertos ou desacertos da acción de goberno tamén hai que ter en conta a eficacia da laboura da oposición.
ResponderEliminarNon creo que o camiño que lle queda a oposición sexa o suicidio politico. So digo que se deben escoller con xeito as batallas que un libra e como as libra. Neste intre en que os dous partidos están na berza poden caer na tentación de entrar o trapo sen pensar nas consecuencias. A lexislatura acaba de comezar e deben medir o desgaste que lles pode ocasionar a eles e non o goberno certas cuestións. Tendo en conta que durante a etapa de goberno foron incapaces de facer que o seu discurso predominara sobre o de Feijoó maior risco vexo agora.
ResponderEliminar