24/4/09

disque 24/4/09 Galicia Hoxe

O Noso "Pachi" Disque os socialistas celebran congreso para elixir sucesor de O Noso PT. Pode que no BNG se estean pasando de autocríticos na análise da derrota, e que resulte esgotador seguir tanto debate interno e misión case imposible entendelo, pero sempre será mellor que este aquí non pasou nada e toda a culpa foi de Touriño e dos seus asesores, no que semella terse instalado o PSdeG. A coroación de O Noso Pachi como novo líder chega precedida dun silencio que presaxia pouco bo. Non lles viría nada mal debater, dentro dunha orde, sobre por que pasaron de competir por ter máis votos có PP a estar na oposición. Seguro que algo fixeron mal, eles tamén.

artigo no Galicia Hoxe

1 comentario:

  1. Pachi Vázquez é "un negociante", non un home de negocios. Tiña a gala hai unhes anos ir vendo no seu mercedes "suelo edificable".

    Pachi Vazquez cando fracasou a iniciativa do CDS pedíu antes entrada no pp e non lle-la deron por cuestións de cíumes persoais dos representantes de Carballiño. E entrou no psoe onde todos son inferiores a él en capacidade de toma de decisións porque no psoe son todos funcionarios. Pachi é emprendedor, pero non empresario. Canta riqueza creou?. Cantos postos de traballo?.

    A mín caeme a cara de vergoña vendo que o psoe non teña ninguén mellor. Pachi vai ó negocio e non ten ideoloxía.

    Pode que Blanquito se trabuque, o zorro de Palas, pensa que Pachi lle vai servir de ariete para cando él aterrice eiquí. A confrontación a vir pode ser suicida. E sempre empobrecedora para o socialismo, no que acredito.

    ResponderEliminar