os Irmandiños non permitiron que Quintana faga o discurso inaugural na Asemblea de maio. Ao parecer, consideraban que podería influír na concurrencia cunha intervención posicionada a favor dunha lista. Para ser tan asamblearios e autoadxudicarse a exclusiva da representación da militancia, mentres todos os demáis son uns burócratas e uns pesebristas, teñen ben pouca confianza na intelixencia dos militantes nacionalistas. privar ao portavoz xa dimitido e candidato a nada do dereito a falarlle á asemblea que vén sendo, darlle voz a militancia, defensa do pluralismo ou censura con outro nome? ou será un caso de censura como o que se inventou Beiras na Radio Galega, cando lle cambiou a colaboración no programa que controlaba o seu amigo Virxilio Costas, o director nomeado polos socialistas, e entre os dous se amañaron para acabar botándolle a culpa ó BNG?
Prezado Antón, imaxino que xa estará ao tanto vostede da inclusión dun moi novo ex-candidato falanxista como Director Xeral de Administración Local...Saúde e aguardo que o seu teclado recolla este feito que non aparece na Voz :)
ResponderEliminarCando lin RAG, entendín esta, en vez destoutra que teño máis costume de ver como RG ;)
ResponderEliminarSobre o comentario de Anónimo, deixo link ao que escribín en Croques, para non me repetir :P